As profesoras Silvana Longueira e Stefany Sanabria presentaron as xornadas “Educando en Igualdade” da Campaña Mundial pola Educación

Dentro do marco do convenio de Cooperación Galega, as profesoras Silvana Longueira Matos e Stefany Sanabria, membros do grupo de Investigación Terceira Xeración, presentaron as xornadas Educando en Igualdade da Campaña Mundial pola Educación (CME) desenvoltas co estudando da Facultade de Ciencias da Educación. Unha metodoloxía dinámica, participativa e de escoita facilitou o desenvolvemento da xornada onde os principios de igualdade e equidade foro tema principal de toda a formación.

Fonte: Grupo TeXe.