Marcos Pequeño Goris presenta dúas investigacións sobre cidadanía global no XIX Seminario Internacional de Educación Ambiental

Do 10 ao 12 de xuño de 2026 tivo lugar o XIX Seminario Internacional de Investigación en Educación Ambiental e Educación para o Desenvolvemento Sostible: Acción educativa para conectar natureza e benestar.

Nel, o noso compañeiro Marcos Pequeño Goris presentou dúas comunicacións: “A Educación para a cidadanía global en Galicia. Unha análise diacrónica do estado da cuestión” e “Educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía global. Unha ollada desde a pedagoxía”.

A primeira das comunicacións refírese a un estudo sobre a ECG en Galicia.

Fonte: Grupo TEXE.