Visita á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

Esta fin de semana o alumnado do IV Ciclo, acompañado pola súa directora Mª Esther Olveira Olveira e outras docentes do grupo TeXe, visitaron a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Grazas ao profesor Ángel Carracedo Álvarez puidemos coñecer o gran labor que realizan neste centro dentro do eido da Medicina Xenómica. Queremos agradecer a bondadosa acollida do profesor Ángel Carracedo Álvarez co alumnado do IV Ciclo.

Fonte: Grupo TeXe.