O “VIII Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo (CIED)” celebrarase en Santiago de Compostela do 28 ao 30 de octubro de 2026

A Rede Española de Estudos do Desenvolvemento (REEDES), a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) -composta polas tres universidades públicas galegas: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo-, a Coordinadora Galega de ONGD e o Grupo de Investigación Terceira Xeración da USC organizan o VIII Congreso de Internacional de Estudios de Desarrollo (CIED). Educación para a transformación e a cidadanía global: Construíndo horizontes sostibles. Celebrarase en Santiago de Compostela do 28 ao 30 de outubro de 2026, en formato bimodal.

O prazo para enviar as comunicacións está aberto ata o 20 de maio de 2026. A tarifa reducida de inscrición estará vixente ata o 31 de maio.

Fonte: Grupo TEXE.