TRANSFERENCIA
A USC, sabedora da importancia que a formación e a innovación educativa ten para a mellora da calidade da docencia universitaria, vén despregando nos últimos anos un abano de actuacións destinadas a conxugar a formación do PDI coa implantación de experiencias innovadoras nas prácticas docentes.
CAXATO (Grupo de Innovación Docente en Coñecemento-Adultos-Xerontoloxía-Aprendizaxe-Transversalidade-Orientación/ocio)
Coa finalidade de avanzar e dotar dunha maior sistematización, consolidación e recoñecemento a estas accións créase o rexistro de grupos de innovación docente , que ten como obxectivos:
- Promover a participación activa do PDI e a formación de grupos estables (grupos de innovación docente) que desenvolvan accións de formación e innovación docente.
- Dotar de recoñecemento e difusión ás accións de formación e innovación docente realizadas polos grupos de innovación docente constituídos.
- Dar pulo a un tratamento global da innovación conxugando a formación do profesorado, a innovación docente e a investigación do propio proceso de innovación.
- Fomentar a cultura de colaboración para o logro dunha acción formativa máis eficaz, efectiva e coherente e estimular a formación permanente como elemento clave do desenvolvemento profesional do profesorado.
Fonte: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/formacion/PFID/GID



