Etiqueta: Transferencia
-

Proxecto EpDLab (ONGD Agareso)
O GI-TeXe leva colaborando con AGARESO desde hai catro anos, unha das entidades de referencia no ámbito da comunicación para o cambio social en Galicia. Esta colaboración resulta especialmente valiosa para o noso grupo, xa que favorece espazos de reflexión e diálogo enriquecedores, ao tempo que nos permite manter un contacto directo coa realidade social e educativa, así…
-

Marcos Pequeño Goris presenta dúas investigacións sobre cidadanía global no XIX Seminario Internacional de Educación Ambiental
Do 10 ao 12 de xuño de 2026 tivo lugar o XIX Seminario Internacional de Investigación en Educación Ambiental e Educación para o Desenvolvemento Sostible: Acción educativa para conectar natureza e benestar. Nel, o noso compañeiro Marcos Pequeño Goris presentou dúas comunicacións: “A Educación para a cidadanía global en Galicia. Unha análise diacrónica do estado…
-

O “VIII Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo (CIED)” celebrarase en Santiago de Compostela do 28 ao 30 de octubro de 2026
A Rede Española de Estudos do Desenvolvemento (REEDES), a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) -composta polas tres universidades públicas galegas: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo-, a Coordinadora Galega de ONGD e o Grupo de Investigación Terceira Xeración da USC organizan o VIII…
-

A primeira edición do Seminario Internacional “Emocións e Educación, un dereito. As artes como vínculo emocional” organizado polo Grupo TEXE na Estrada apunta a consolidarse como unha cita de referencia
O concello da A Estrada acolleu esta fin de semana un seminario internacional impulsado polo Grupo TEXE da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título Emocións e educación, un dereito. As artes como vínculo emocional, unha cita que reuniu no Mome a especialistas, docentes e profesionais de distintos ámbitos para reflexionar sobre o papel das…
-

Participación no “IX Congreso Internacional IN.XURGA 2026” e nas “V Xornadas Internacionais IN.XURGA 2026”
As profesoras do Grupo TeXe: Mª Julia Diz López, Mª Carmen Gómez Gómez, Silvana Longueira Matos, Mª Esther Olveira Olveira e María González Blanco, participaron como relatoras convidadas no IX Congreso Xurídico Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade/dependencia. IN.XURGA: “Defender a diversidade sen fronteiras: educación, saúde mental, discurso de odio e discapacidade” e…
-

O Grupo TEXE da USC e o Concello de A Estrada organizan os días 17 e 18 de abril o Seminario Internacional “Emocións e educación. As artes como vínculo emocional”
Os días 17 e 18 de abril celebrarase o Seminario Internacional “Emocións e educación. As artes como vínculo emocional”, un encontro que poderá ser seguido tanto a través da plataforma Microsoft Teams como de maneira presencial na sala O Mome, situada no concello da Estrada. A pertinencia deste Seminario radica na necesidade de fortalecer a…
-

Xuntanza do proxecto COIL de Economía da Educación entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Université Gaston Berger de Saint-Louis
A inicios do mes de febreiro levamos a cabo unha sesión compartida do proxecto COIL desenvolvido dentro do marco da materia de Economía da Educación do Grao en Pedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación (USC). Este proxecto realizouse entre o estudantado e o profesorado da Universidade de Santiago de Compostela e o da Université…
-

Álvaro Dosil e Esther Olveira acadan un acordo coa Filmoteca de Galicia para proxectar obras do seu catálogo na materia Historia do Cinema Galego no IV Ciclo da USC
Álvaro Dosil e Esther Olveira –profesor da materia e directora do IV Ciclo, respectivamente– veñen de acadar un acordo coa Filmoteca de Galicia para proxectar obras do seu catálogo na materia Historia do Cinema Galego no IV Ciclo da USC, que Dosil imparte xunto con Jesús Silva Vilas nos campus de Ribeira e Santiago de…
-

Charla divulgativa do Programa A Ponte
As compañeiras do grupo de investigación María González e Esther Olveira impartiron no colexio Los Sauces de Pontevedra unha charla sobre as “Saídas profesionais dos graduados e graduadas en Ciencias da Educación” o venres 12 de decembro a un grupo de 40 alumnos de Bacharelato de Ciencias Sociais en dito centro. Esta acción divulgativa está…



