Bota a andar o novo Consejo Superior de Cooperación para el Desarrollo Sostenible y la Solidaridad Global dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación. O Consello é unha peza fundamental para articular o mandato da Lei 1/2023, de 20 de febreiro, de Cooperación para o Desenvolvemento Sustentable e a Solidariedade Global (artigo 27), como órgano de coordinación e consulta. A súa regulación foi aprobada a finais do ano pasado a través do Real Decreto 898/2025, de 8 de outubro (BOE de 10 de outubro de 2025).
É unha satisfacción para o grupo de investigación TeXe o nomeamento da nosa compañeira.
Fonte: Grupo TeXe.












