Silvana Longueira e Marcos Pequeño participarán mañá no encontro “Experiencias de innovación docente y universitaria en el cumplimiento del ODS 4: Derecho a la educación de calidad” que se celebrará en liña

O encontro ten como propósito crear un espazo de diálogo e intercambio entre equipos docentes universitarios, grupos de investigación e innovación educativa, así como estudantado, organizacións da sociedade civil e cidadanía en xeral comprometidas co dereito a unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 4 (ODS 4) e cos dereitos dixitais.

As persoas participantes compartirán as súas experiencias, proxectos, boas prácticas e iniciativas relacionadas coa investigación aplicada, a innovación educativa, as metodoloxías de aprendizaxe con compoñente comunitario e as accións de mobilización cidadá polo dereito humano á educación.

O espazo contribuirá a identificar oportunidades de colaboración, visibilizar iniciativas situadas cunha perspectiva “glocal” e de dereitos humanos, adaptables a distintos contextos, e a fortalecer redes de traballo orientadas a promover o dereito á educación desde os ámbitos universitarios e cidadáns, tanto no norte como no sur global.

Formulario de inscrición

Programa

1. Investigación aplicada e deseño de accións pedagóxicas:

1.1. Mocidade, Retos Globais e Fenda Dixital (Isabel Hevia Artime | Departamento de Ciencias da Educación da Universidade de Oviedo)

1.2. SAME no ámbito universitario e Meta 4.7 na Comunitat Valenciana (Jorge Sebastián, Beatriz Cercos e Ana Ancheta | Departamento de Educación Comparada e Historia da Educación – Grupo de Innovación Docente SAME da Universidade de València)

2. Innovación docente e modelos pedagóxicos con impacto:

2.1. Educando polo dereito á educación: unha experiencia de Aprendizaxe-Servizo universitario (Silvana Longueira Matos e Marcos Pequeño Goris | Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela)

2.2. Pedagoxía inclusiva con enfoque de xénero para a educación infantil comunitaria en Guatemala e Honduras (Israel Coelho Quirino | Integrante da Campaña Latinoamericana polo Dereito á Educación)

Esta actividade formativa é posible grazas ao apoio financeiro da GVA.

Fonte: Grupo TEXE.