Seminario Internacional

  • Asistencia sen envío de póster: 10€.
  • Asistencia con envío de póster: 30€.
  • Persoas residentes no concello de A Estrada: gratuito (proporcionando mediante o formulario un documento oficial que acredite a residencia no Concello de A Estrada).
  • Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela: gratuito (achegando unha copia da matrícula mediante o formulario).
  • IMPORTANTE: Prazo de inscrición ampliado ata o 14 de abril de 2026.
  • Para completar a inscrición é necesario cubrir o formulario antes do 6 de abril de 2026.
  • As persoas que estean inscritas e asistan ao 80% do programa recibirán un certificado de asistencia cun recoñecemento de 12 h.
  • O pagamento deberase efectuar mediante transferencia bancaria á seguinte conta:
    • TITULAR: ESCOLA DE TEMPO LIBRE DON BOSCO
    • CONTA: ES56 0075 8916 5206 0031 4739
    • CONCEPTO: APELIDOS, NOME – SEMINARIO
  • No caso de precisar factura será necesario enviar nome, apelidos, NIF e dirección fiscal ao correo grupo.texe@usc.es
  • O póster será achegado mediante o formulario Achegar Póster que figura abaixo.
  • A presentación de pósteres será recoñecida cunha certificación.
  • Dimensións do póster: formato de A1 (59,4 x 84,1 cm).
  • Data límite de envío do formulario: 6 de abril de 2026.
  • Cada contribución será avaliada polo Comité Científico por un procedemento de pares cegos. O Comité Organizador fará chegar a decisión á persoa de contacto antes do 10 de abril.
  • A participación mediante póster implica que as/os participantes deberán achegalo en formato físico presencialmente ao evento.
  • Os pósteres estarán expostos na Sala do Mome ao longo de todo o evento. 
  • A organización resérvase o dereito para adoptar a decisión final.

Comité organizador

Comité científico

Pilar Montañés Muro

Profesora Titular de Universidade na área de Psicoloxía Social no Departamento de Ciencias da Educación da Universidade da Rioxa (UR). Traballa temas vinculados a Educación Afectivo-Emocional, Educación de Persoas Adultas, Inclusión e Diversidade.

Silvana Longueira Matos

Profesora Permanente Laboral na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Facultade de Ciencias da Educación. Traballa temas vinculados a Teoría e Historia da Educación, Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global e Educación Artística e Musical. Experta do Consejo Superior de Cooperación para el Desarrollo Sostenible y la Solidaridad Global.

Mª Esther Olveira Olveira

Profesora Titular de Universidade na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Facultade de Ciencias da Educación. Directora do IV Ciclo da USC. Traballa temas sobre Política Educativa, Educación de Persoas Maiores, Educación Intercultural e Economía da Educación.

Gustave Voltaire Dioussé

Profesor- investigador na Université Gaston Berger de Saint Louis (UGB), Senegal. Traballa temas vinculados a Fraseoloxía, Morfoloxía e Sintaxe, Diversidade Cultural, Integración e Participación Cidadá.

Francisco L. Chinchilla Hernández

Investigador e académico no ámbito da Psicoloxía, o Traballo Social e a Educación, vinculado principalmente á Universidade da Rioxa e a Universidade de Salamanca. As súas liñas de traballo son: autismo, psicoloxía social e benestar psicolóxico, habilidades brandas, traballo social e sustentabilidade.

Juan Salvador López Outeiral

Autor e educador vinculado á pedagoxía musical, especificamente no desenvolvemento educativo a través da guitarra e a formación en conservatorios. Aborda aspectos vinculados á participación familiar na aprendizaxe musical.

Gema Guevara Rincón

Profesora Axudante Doutora na Universidade de Murcia, adscrita ao Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura Francesa. Traballa temas vinculados a Gamificación, Dramatización, Didáctica mediante Redes Sociais e Educación Afectivo-Emocional.

María González Blanco

Profesora Interina de Substitución na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Facultade de Ciencias da Educación. Traballa temas vinculados a Migracións, Inclusión e Educación de Persoas Adultas.

Manolo Gómez Santos

Creador e produtor español, fundador do histórico estudo galego Dygra Films, un dos pioneiros da animación 3D en Europa. Impulsou proxectos: primeiros interactivos táctiles (1991); primeiras webs de Unión Fenosa e TVG (1995); O bosque animado (2001): primeira película 3D animada en Europa; Holy Night! (2010): primeira película animada en Dixital 3D en España.

Mª Carmen Gómez Gómez

Profesora Permanente Laboral na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Facultade de Ciencias da Educación, Campus Terra, Lugo. Traballa temas vinculados a Didáctica e Organización Escolar, Educación Inclusiva e Historia da Educación.

Mª Isabel Novoa Pérez

Profesora Asociada na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Facultade de Ciencias da Educación. Traballa temas vinculados a Educación Afectivo-Emocional, Literatura en Contextos Educativos e Enfoques Socioeducativos aplicados a intervención.

MªJulia Diz López

Profesora Permanente Laboral na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Facultade de Ciencias da Educación. Traballa temas vinculados a Perspectiva de Xénero, Aprendizaxe ao Longo da Vida e Educación Afectivo-Emocional.

Álvaro Dosil Rosende

Doutorando na Universidade de Santiago de Compostela (USC), adscrito ao Programa de doutoramento en Educación. Traballa temas vinculados a Pedagoxía Fílmica, Educación coas Artes e Educación para o Desenvolvemento.

Marcos Pequeño Goris

Doutorando na Universidade de Santiago de Compostela (USC), adscrito ao Programa de doutoramento en Educación. Traballa temas relacionados coa Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, Educación Afectivo-Emocional e Teoría e Historia da Educación.

Nelly Fortes González

Doutoranda na Universidade de Santiago de Compostela (USC), adscrita ao programa de doutoramento en Educación. Traballa temas vinculados a Educación coas Artes, Educación Visual e Educación para a Desenvolvemento e a Cidadanía Global.

Stefany M. Sanabria Fernandes

Doutoranda na Universidade de Santiago de Compostela (USC), adscrita ao Programa de doutoramento en Educación. Traballa temas vinculados a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global e Teoría e Historia da Educación.

Lorena Boga García

Educadora social, especializada en políticas sociais, cooperación e Educación para o Desenvolvemento, que actúa como representante da Campaña Mundial pola Educación (CME) en Galicia. Pertence á organización Ayuda en Acción.

Ousmane Gomis

Profesor de español e francés en Linguéres (Senegal). Actualmente está cursando o doutoramento en literatura e cultura na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén está facendo voluntariado na ONG Movimiento por la Paz.

Mohamed Said Hamdad

Mediador intercultural, artista plástico e fotógrafo. Forma parte do equipo técnico relacionado coa mediación na entidade Ecos do Sur.

María Isabel Sanmartín Prieto

Técnica de Sanidade no Concello de A Estrada. O seu traballo céntrase no campo da prevención de adicións no ámbito local. Anteriormente tamén exerceu de docente en ciclos formativos da rama sanitaria  e en cursos de secundaria, tamén formou parte dos departamentos de orientación, así como a xefatura de estudos.

Xurxo Insua Pardo

Profesor de Proxectos Artísticos no IES Manuel García Barros (A Estrada). Participa co seu alumnado no programa Fotografía en curso.

Mónica Rodríguez Somoza

Técnica en Ámbar e doutoranda na Universidade de Santiago de Compostela (USC), adscrita ao programa de doutorado en Educación. Traballa temas vinculados a desinformación, Educación para o Desenvolvemento e a Ciudadanía Global e atención a diversidade.

Roi Guitián Martínez

Técnico de EPD en AGARESO. Traballou para diferentes canles de comunicación e produtoras independentes, centrándose na elaboración de reportaxes e documentais como cámara e realizador. Tamén conta cunha ampla experiencia no uso do audiovisual e das TIC como ferramentas para a participación social e o cambio.

María Gulías Carrillo

Mestra de Ed. Musical e Primaria. Actualmente traballa como mestra do 3º ciclo de Ed. Primaria no CEIP Pérez Viondi (A Estrada), onde implementou o Proxecto LÓVA. 

Mateo Campos Valcárcel

Mestre de Ed. Física e Primaria. Traballa no Ceip Pérez Viondi en A Estrada.  Guía no Proxecto LÓVA dende o curso 2024/25.