Proxecto EpDLab (ONGD Agareso)

GI-TeXe leva colaborando con AGARESO desde hai catro anos, unha das entidades de referencia no ámbito da comunicación para o cambio social en Galicia. Esta colaboración resulta especialmente valiosa para o noso grupo, xa que favorece espazos de reflexión e diálogo enriquecedores, ao tempo que nos permite manter un contacto directo coa realidade social e educativa, así como cos desafíos e temáticas emerxentes que están a marcar a práctica educativa na actualidade.

Neste caso presentamos unha infografía derivada da colaboración do curso 2025-2026 que xerou novas discusións sobre a Educación para a Cidadanía Global, a infodemia, a educación dixital e mediática dentro do grupo, co noso alumnado, co equipo técnico da entidade e co alumnado e o profesorado dos Centros Educativos de Educación Secundaria onde se desenvolve o proxecto EpDLab en Galicia. Grazas pola oportunidade!

Para máis información: https://texe.gal/epdlab/