Premio de Innovación Docente José Luis García Garrido para o proxecto “Defender a quen defende: mulleres defensoras de dereitos humanos” do Grupo TeXe

Os días 6 e 7 de novembro de 2024 desenvolveuse na Universidade de Málaga as X Xornadas Nacionais de Docencia e Investigación en Educación Comparada, e nelas, a nosa compañeira Stefany Sanabria Fernandes recolleu en nome do equipo docente participante no proxecto “Defender a quen defende: mulleres defensoras de dereitos humanos”, o accesit ao Premio de Innovación Docente José Luis García Garrido.

Fonte: grupo TeXe.