Integrantes do grupo TeXe participaron no I Simposio Interuniversitario: Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030: Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia

Integrantes do grupo TeXe participaron no I Simposio Interuniversitario: Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030: Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia, que tivo lugar o 7 de novembro de 2025 na Facultade de Educación e Traballo Social no Campus de Ourense. 

A profesora María González Blanco e o bolseiro FPU Marcos Pequeño Goris, xunto con Gloria Parra Sánchez (técnica de cooperación internacional ao desenvolvemento en Solidariedade Internacional de Galicia) e Ainhara Agra Suárez (estudante do Grao en Pedagoxía na USC) participaron na mesa redonda “Compartindo as experiencias dos participantes” na cal presentaron o proxecto de ApS coordinado pola profesora Silvana Longueira Matos: “Defender a quen defende: Mulleres defensoras de dereitos”. Nesta mesa expuxeron as liñas e características xerais do proxecto de ApS e as diferentes visións dos axentes implicados no deseño e desenvolvemento desta experiencia de ApS (o profesorado, as entidades colaboradoras e o estudantado). 

Neste espazo tamén se presentou outro proxecto realizado na UVigo: “Educando na diversidade, transformando a sociedade” e púidose reflexionar sobre as vantaxes e desvantaxes da ApS e das experiencias vividas nos diferentes proxectos. 

Ademais, neste simposio diferentes membros do grupo TeXe presentaron un póster sobre o proxecto ODiSeIA* coordinado pola profesora Silvana Longueira Matos (*Proxecto financiado por Cooperación Galega [Xunta de Galicia] nas convocatorias de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global 2024 e 2025). 

Para máis información pode accederse ao programa do simposio de ApS nesta ligazón:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/universidade/conecenos/rs-axenda2030/novas/I_Simposio_Aprendizaxe_servizos.pdf

Fonte: Grupo TeXe.