Integrantes do grupo TeXe participaron durante os días 20 e 21 de novembro de 2025 no XXV Congreso Internacional Galicia / Norte de Portugal de Formación para o Traballo. Neste encontro científico presentáronse diversas comunicacións vencelladas a proxectos e liñas de investigación do grupo:
- A educación afectivo-emocional no marco da empresa: unha necesidade importante e urxente (Marcos Pequeño Goris, Stefany Sanabria Fernandes, Silvana Longueira Matos e María González Blanco).
- Xestión de centro, competencias e inclusión: claves para a formación para o emprego (Mª del Carmen Gómez Gómez, Mª Julia Diz López e Mª Isabel Novoa).
- Universidade e entidades do Terceiro Sector na formación de profesionais: o caso do proxecto ODiSeIA (María González Blanco, Stefany Sanabria Fernandes, Silvana Longueira Matos e Marcos Pequeño Goris).
Para unha maior información pode consultarse a web do congreso: https://25.congresogalicianortedeportugal.es/












