As profesoras Mª Esther Olveira Olveira e María González Blanco, participarán na IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID)organizada polas tres universidades públicas galegas (UDC, USC e UVIGO).Neste encontro presentarán varios traballos relacionados coas liñas de investigación que desenvolven dentro do grupo TeXe e co traballo académicoque realizan na Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Esta xornada desenvolverase en formato híbrido (presencial na UDC e en liña).Para máis información pode consultarse a ligazón da web da IV XIGAID: https://xornadas.innovacion.webs.uvigo.es/










