Hoxe o grupo TeXe enorgullécese porque un dos seus membros fundadores, o Dr. José Manuel Touriñán López foi nomeado Académico de Número pola Academia Hispanoamericana de Doctores. As súas contribucións á Pedagoxía dende a súa carreira académica fomentando o coñecemento, a investigación e a innovación son factores claves na elección por parte da Academia.
As persoas membros do grupo de investigación sabemos da excelencia das súas contribucións científicas e humanas, por iso alegrámonos por este magnifico recoñecemento ao noso amigo e compañeiro.
Parabéns por traballar e compartir a túa investigación no eido da Pedagoxía mesoaxiolóxica.
Fonte: Grupo TeXe.













