Marcos Pequeño presentou no marco do “I Congreso Internacional de Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade” dúas comunicacións sobre o traballo que TeXe vén realizando como grupo de investigación

O noso compañeiro Marcos Pequeño presentou no marco do I Congreso Internacional de Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade dúas comunicacións do traballo que vimos realizando como grupo de investigación. A primeira centrouse no estudo do impacto educativo que ten a CME nos centros educativos galegos. Á súa vez, a través desta permitiuse rastrexar a forma de integración e o calado da CME dentro do día a día dos centros e de estrutura institucional. A segunda versou sobre o un estudo realizado baixo o marco do proxecto “ODiSeIA” en colaboración coa entidade Ecos do Sur; no devandito estudo analizáronse resultados relacionados coa percepción que o alumnado universitario teñen sobre o seu coñecemento vinculados a temas tales como igualdade, discursos de odio, ODS, migracións, desinformación e infodemia, entre outros.