Nos días 27,28 e 29 de Novembro celebrouse en Alcalá de Henares o IX Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento. Nel presentáronse iniciativas e reflexionouse de forma conxunta acerca da necesidade e a pertinencia da cooperación universitaria para co desenvolvemento desde unha visión ampla, crítica e democrática. No marco deste congreso, TeXe tivo aoportunidade de presentar unha comunicación titulada “Retos e Oportunidades da alianza entre as entidades do Terceiro Sector e as universidades. O caso da CME”, nela, puntualizamos na necesidade e a relevancia que ten a colaboración entre a Universidade e as Organizacións non Gobernamentais, para coa transformación da educación cara a unha vertente máis práctica e realista da mesma, na que os coñecementos teóricos serven para dar resposta a necesidades concretas da realidade na que se atopan. Marcos e Stefany finalizaron a súaintervención presentando un extracto no que se defende á Universidade como un axente de cambio.
Fonte: Grupo TeXe.












