As docentes Silvana Longueira, María González, Esther Olveira e Marcos Pequeño ofreceron na Facultade de Ciencias da Educación un espazo de formación e intercambio para máis de 10 entidades do sector da Educación para a Cidadanía Global

Dentro do marco do proxecto Educación para a Cidadanía Global (ECG) en Galicia: Estado da cuestión, retos e oportunidades as docentes do grupo TeXe, Silvana Longueira, María González, Esther Olveira e Marcos Pequeño ofreceron na Facultade de Ciencias da Educación un espazo de formación e intercambio para máis de 10 entidades do sector. O traballo desenvolveuse de xeito cooperativo a través de dinámicas e actividades colaborativas. Os resultados amosáronse nun panel diagnóstico da situación actual da educación para a cidadanía global.