Proxecto EpDLab (ONGD Agareso)

Esta infografía pretende sintetizar os principais elementos pedagóxicos do proxecto EpDLab iniciado hai 11 anos pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social AGARESO e a colaboración co Grupo de Investigación TeXe, amosando como a educomunicación pode converterse nunha estratexia para a formación dunha cidadanía crítica, participativa e comprometida coa transformación social. A través dunha representación sinxela dos fundamentos pedagóxicos, do proceso de aprendizaxe, das competencias desenvolvidas e das redes de colaboración entre universidade, escola e comunidade, a infografía achega a articulación do proxecto e pon en valor a súa contribución á Educación para a Cidadanía Global, á alfabetización mediática e á innovación educativa. Así mesmo, constitúe un recurso de transferencia e divulgación que favorece a difusión de boas prácticas, o intercambio de experiencias e a replicabilidade do modelo noutros contextos educativos.



