Charla divulgativa do Programa A Ponte

As compañeiras do grupo de investigación María González e Esther Olveira impartiron no colexio Los Sauces de Pontevedra unha charla sobre as “Saídas profesionais dos graduados e graduadas en Ciencias da Educación” o venres 12 de decembro a un grupo de 40 alumnos de Bacharelato de Ciencias Sociais en dito centro. Esta acción divulgativa está encadrada no Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

Fonte: Grupo TeXe.