Categoría: Sen categoría
-

A profa. Silvana Longueira Matos impartíu a conferencia de apertura das “XII Xornadas de Innovación Educativa” na Universidade de Valencia
O martes 21 de xullo a profesora Silvana Longueira Matos foi a encargada de impartir a conferencia de apertura das XII Xornadas de Innovación Educativa na Universidade de Valencia cunha conferencia titulada Educar per a un futur sostenible: la incorporació de la sostenibilitat en les titulacions universitàries. Fonte: Grupo TEXE.
-

Nelly Fortes González acada a máxima cualificación Cum Laude na defensa da súa tese de doutoramento sobre a colaboración entre institucións artísticas e escolas
A investigadora Nelly Fortes González, membro do grupo de investigación Terceira Xeración, defendeu con éxito a súa tese de doutoramento titulada Formatos de colaboración entre institucións artísticas e escolas. Un estudo interpretativo dende a pedagoxía das artes, obtendo a máxima cualificación académica de Sobresaliente Cum Laude. A investigación constitúe unha achega relevante ao campo da educación artística ao analizar…
-

Silvana Longueira e Marcos Pequeño participarán mañá no encontro “Experiencias de innovación docente y universitaria en el cumplimiento del ODS 4: Derecho a la educación de calidad” que se celebrará en liña
O encontro ten como propósito crear un espazo de diálogo e intercambio entre equipos docentes universitarios, grupos de investigación e innovación educativa, así como estudantado, organizacións da sociedade civil e cidadanía en xeral comprometidas co dereito a unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 4 (ODS 4) e…
-

Esta semana celébranse as XII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global (ECG) na Facultade de CC da Educación da USC
O venres 8 de maio en formato en liña a través da plataforma MSTeams haberá unha sesión plenaria no marco das XII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global coorganizadas polo Grupo TEXE xunto coa Campaña Mundial Pola Educación (Galicia) e a ONGD Ecos do Sur. Nesta sesión diferentes entidades presentarán o seu marco de…
-

A primeira edición do Seminario Internacional “Emocións e Educación, un dereito. As artes como vínculo emocional” organizado polo Grupo TEXE na Estrada apunta a consolidarse como unha cita de referencia
O concello da A Estrada acolleu esta fin de semana un seminario internacional impulsado polo Grupo TEXE da Universidade de Santiago de Compostela baixo o título Emocións e educación, un dereito. As artes como vínculo emocional, unha cita que reuniu no Mome a especialistas, docentes e profesionais de distintos ámbitos para reflexionar sobre o papel das…
-

La Voz de Galicia e Faro de Vigo fanse eco do seminario da USC promovido polo Grupo TeXe que abordará na Estrada temas de emocións, artes e educación
As concelleiras estradenses de Educación e de Cultura, Amalia Goldar e Lucía Seoane, respectivamente, mantiveron onte unha reunión no consistorio para coñecer a proposta da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do seu Grupo de Investigación Terceira Xeración, de organizar na Estrada o seminario internacional Emocións e educación, un dereito. As artes como…
-

O Grupo Terceira Xeración conta con perfís en Facebook e Bluesky
O grupo Terceira Xeración vén de activar os seus perfís nas redes sociais Facebook e Bluesky. Para acceder, preme sobre a icona correspondente Fonte: Grupo TeXe.
-

Publicado un novo número da Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD)
Recentemente vense de publicar un número da Revista Internacional de Comunicación y Desarrollo (RICD) cuxa dirección corre ao cargo da profesora Dra. Silvana Longueira Matos, e na que diferentes membros do grupo de investigación TeXe forman parte do seu comité e secretaría. O número versa conta con diferentes artigos que traballan sobre a relación entre…
-

Integrantes do grupo TeXe participaron no I Simposio Interuniversitario: Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030: Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia
Integrantes do grupo TeXe participaron no I Simposio Interuniversitario: Aprendizaxe-Servizo e Axenda 2030: Integrando os ODS e a Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento na docencia, que tivo lugar o 7 de novembro de 2025 na Facultade de Educación e Traballo Social no Campus de Ourense. A profesora María González Blanco e o bolseiro FPU Marcos Pequeño…



