Álvaro Dosil formou parte do xurado da sección “Nuevos Públicos” no Petronila Festival de Cine Social de Burgos

O festival –que arrincaba con unha primeira edición de luxo– buscaba ser un referente na temática social na gran pantalla. Por ese motivo escolleuse o nome de Petronila Casado, unha muller que encarnaba o espírito deste proxecto.

Tratouse dun festival de cinema no que se desenvolveron encontros, actividades para profesionais, actividades con centros educativos e centros de educación superior, con proxeccións e todo tipo de eventos relacionados co mundo do celuloide para todos os públicos.

Foi un proxecto que tivo como madriña á cineasta Ángeles González-Sinde.

A súa primeira edición tivo lugar en febreiro de 2026 nas instalacións da Fundación Círculo Burgos e no Auditorio El Círculo.

Contou cunha sección oficial de curtametraxes de temática social, aberta á participación de producións españolas e iberoamericanas de todos os xéneros: ficción, documental, animación ou experimental.

Tivo tres seccións competitivas: Oficial, Novos Públicos e Castilla y León.

Todas as seccións tiveron premios e, ademais, entregouse o Premio Petronila de Honra, no que non só se recoñeceu a unha persoa ou institución, senón que se traduciu nunha doazón económica a unha causa social elixida pola persoa galardoada.

Na sección de Nuevos Públicos, o premio á Mellor Curtametraxe Infantil foi para The Legend of the Hummingbird, do director francés afincado en España Morgan Devos, unha fábula animada inspirada na lenda do colibrí que reivindica o valor dos pequenos xestos fronte aos desafíos colectivos. Eureka!, dirixida polo belga Kris Borghs, é unha curtametraxe de animación en 3D.

O premio á Mellor Curtametraxe Xuvenil foi para Cão sozinho, de Marta Reis Andrade (Portugal), mentres que a Mención do Público nesta categoría recaeu en Tristes tigres, do onubense Adán Pichardo, un retrato xeracional sobre mozos que afrontan a transición á madurez nun contexto de incerteza.

O xurado da Sección Novos Públicos estivo formado por Cristina Vilches, animadora; Lino Varela, director e profesor; e Álvaro Dosil, pedagogo e investigador especializado na relación entre cinema e educación.

Fontes: