Álvaro Dosil e Esther Olveira –profesor da materia e directora do IV Ciclo, respectivamente– veñen de acadar un acordo coa Filmoteca de Galicia para proxectar obras do seu catálogo na materia Historia do Cinema Galego no IV Ciclo da USC, que Dosil imparte xunto con Jesús Silva Vilas nos campus de Ribeira e Santiago de Compostela.
A materia Historia do Cinema Galego xorde do interese por parte do alumnado de achegarse á historia da filmografía galega e do cinema galego, que atravesou etapas convulsas con diversos graos e niveis de produción pero que foi pioneira dentro do estado español e goza no presente dunha saúde de ferro e dun recoñecemento autóctono e internacional máis que relevantes.
Entre as pezas que se proxectarán nas aulas da materia Hª do Cinema Galego podemos identificar algunhas obras de José Gil, de José Ernesto Díez Noriega (JEDN) ou longametraxes de ficción como Sempre Xonxa, Urxa e Continental.
Fonte: Grupo TeXe.












