Os días 17 e 18 de abril celebrarase o Seminario Internacional “Emocións e educación. As artes como vínculo emocional”, un encontro que poderá ser seguido tanto a través da plataforma Microsoft Teams como de maneira presencial na sala O Mome, situada no concello da Estrada.
A pertinencia deste Seminario radica na necesidade de fortalecer a vinculación entre a Universidade e a contorna sociocultural na que se insire, respondendo ao desafío actual de promover espazos formativos que transcendan os límites físicos da institución académica. Desenvolver actividades universitarias fóra dos espazos tradicionais e achegadas á cidadanía constitúe, así, unha esixencia relevante e urxente nos contextos educativos contemporáneos.
No marco do Seminario abordaranse diversas temáticas de especial relevancia para o ámbito educativo, entre as que destacan:
- A Educación Emocional como motor para unha formación integral do alumnado;
- as artes como ferramenta e vínculo emocional no proceso educativo;
- a Educación ao longo da vida como principio fundamental das sociedades do coñecemento;
- a Educación das persoas migrantes como un dereito universal e irrenunciable;
- a Axenda 2030, a Educación para o Desenvolvemento Sostible e a Cidadanía Global, e o seu papel na configuración de modelos educativos máis xustos, inclusivos e sostibles.
A información relativa ao Seminario Internacional “Emocións e Educación. As Artes como vínculo emocional” é a seguinte:
- 📅 venres 17 (en horario de tarde) e sábado 18 (todo o día) de abril de 2026
- 🔎 Seminario centrado nas emocións como cerne da pedagoxía e as artes como ferramenta de formación e transformación.
- Acceder á páxina web
- ✨Seminario na defensa entre a conexión Universidade-Sociedade
- 💶 De balde para estudantes da USC e persoas residentes no Concello de A Estrada / 10 euros asistencia / 30 euros asistencia + póster
- Formulario de Inscrición
- 📍Online (Microsoft Teams) e Presencial (Sala O Mome, A Estrada)
- 📝 Certificado de asistencia (asistindo a un mínimo do 80% das sesións )
- ➡️Matrícula ata o 6 de abril
Fonte: Grupo TEXE.













