A profesora María González Blanco, membro do Grupo de Investigación TeXe, participou no Seminario Interuniversitario de Teoría da Educación (SITE) (2025) celebrado en Peñíscola(Castellón) do 2 ao 5 de novembro de 2025. A adenda presentada: Retos y oportunidades de la Educación para la Ciudadanía Global, foi realizada dentro do marco da ponencia da profesora Silvana Longueira Matos: Educar en la fragilidad social y planetaria como posibilidad de resignificar la vida.
O SITE deste ano 2025 foi organizado pola Universidade Jaume I, reuníndose neste encontro un amplo número de profesores e profesoras de distintas universidades de España para reflexionar e debater sobre o tema principal do SITE (2025): “Educar en la fragilidad”.
Fonte: Grupo TeXe.












