A profesora María González Blanco participará na III Xornada Interniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID) organizada pola UVigo

A profesora María González Blanco participará na III Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente organizada pola UVigo. 

A profesora María González Blanco, membro do grupo de investigación TeXe, participará na III Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (III XIGAID) organizada polas tres universidades públicas galegas (UDC, USC e UVIGO). Presenta en coautoría con Mª Esther Olveira Olveira e Silvana Longueira Matos o póster: Internacionalización e innovación docente sen fronteiras: a aprendizaxe da Economía da Educación a través dun proxecto COIL. 

Esta xornada desenvólvese en liña do 3 ao 17 de novembro de 2025 a través da plataforma UDCAberta (https://udcaberta.udc.gal/) na cal se presentará e defenderá o póster realizado. Así mesmo, o día 20/11/2025 terá lugar unha sesión presencial da xornada na UVIGO que será tamén retransmitida en streaming. Esta xornada é de gran interese para o PDI posto que se creará un espazo de intercambio de prácticas innovadoras e de experiencias no eido docente na educación superior. Para máis información pode consultarse a ligazón da III XIGAID: https://xornadas.innovacion.webs.uvigo.es/

Fonte: Grupo TeXe.